O alumnado do Ceip Quiroga celebrou o Día da Paz co símbolo da pomba e unha carreira solidaria

RibeiraSacraXa
O CEIP de Quiroga celebrou o Día da Paz con diversos actos, entre os que se atopa a plantación simbólica de pombas brancas da paz que fixeron os alumnos e alumnas nas súas clases, na zona verde das inmediacións do centro educativo.
Día da Paz Ceip Quiroga
1 Feb 2024

O CEIP de Quiroga celebrou o Día da Paz con diversos actos, entre os que se atopa a plantación simbólica de pombas brancas da paz que fixeron os alumnos e alumnas nas súas clases, na zona verde das inmediacións do centro educativo.

Co terreo sementado de pombas presidido por un cartel baixo o lema: “plantamos a paz polo cese de todas as guerras”, os alumnos colocáronse en círculo para cantar a canción: “porque ti es o meu amigo”.

Tras os actos da paz, fixeron un acto solidario tradicional neste centro educativo, a carreira solidaria. Con esta carreira non competitiva os alumnos recadan fondos que se entregan á ONG Save the Children, unha organización non gobernamental que traballa polos dereitos da infancia, co obxectivo de mellorar a vida dos nenos en nenas en todo o mundo, especialmente aqueles que viven en situacións de pobreza, exclusión social, conflitos armados ou desastres naturais, proporcionando axuda humanitaria, protección, educación, atención médica e outros servicios esenciais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15777683258057