O alumnado do CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos conmemora o Día Mundial da Auga

RibeiraSacraXa
Os nenos e nenas do centro monfortino participaron este venres na segunda actividade do proxecto “Me Gusta Mi Rio”, posto en marcha pola CHMS en colaboración co Concello de Monforte
monforte-dia-mundial-da-auga
21 Mar 2025

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quirog, presidiron este venres o acto institucional do Día Mundial da Auga 2025 que organiza a Confederación.

A iniciativa, pretende concienciar aos mais pequenos sobre o bo uso e aforro de auga cara a un desenvolvemento mais sostible e sensibilizar sobre a importancia da conservación e coidados dos ríos. Con este obxectivo, o Presidente da Confederación e a Tenente Alcalde, visitaron ós alumnos do Ceip Plurilingüe Monforte de Lemos, que estaban a realizar a segunda actividade no cole, enmarcada dentro do proxecto “Me Gusta Mi Rio”.

Despois dunha breve intervención dun dos educadores que lle explicou ós rapaces, o lema deste ano que Nacións Unidas, dispuxo para conmemorar este día, tanto José Antonio Quiroga como Gloria Prada, fixeron unha breve intervención sobre a necesidade da educación ambiental e a importancia do aforro de auga. Gloria Prada quixo subliñar entre os alumnos que moitas veces non son precisas grandes accións, simplemente coa concienciación e a posta en práctica de pequenos xestos, xa estamos aportando melloras medioambientais.

Tal e como remarcou a Tenente alcalde, "xestos como non manter os grifos abertos ó cepillarse os dentes ou ó lavar a vaixela, non arroxar ós desaugues materiais que se poden votar no cubo do lixo, como pañuelos de papel, bastoncillos... son xestos que dependen de cada un de nos cos que contribuímos a non contaminar e a aforrar o consumo de auga".

Pola súa banda, o presidente da Confederación insistiu na importancia de concienciarse no coidado do medio ambiente e subliñou que os rapaces que agora están a desenrolar este proxecto, van a ser os responsables de xestionar o noso futuro polo que resulta esencial o seu compromiso co coidado medioambiental.

Á finalización das intervencións, os alumnos retomaron as actividades dos diferentes grupos de traballo mentres un grupo de 3 alumnos, realizaron unha entrevista con preguntas sobre a xestión da auga ó Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e á Tenente Alcalde como parte do proxecto.

A Directora do Centro, que agradeceu a visita Institucional do Concello de Monforte, trasladoulle á Confederación o seu agradecemento pola iniciativa levada a cabo xa que, explicou, os alumnos amosáronse encantados e moi participativos co proxecto. Tamén Gloria Prada valorou moi positivamente a posta en marcha destes proxectos "que farán que as próximas xeracións teñan unha maior concienciación co coidado medioambiental", apuntou.

⚙ Configurar cookies
0.65393590927124