O alumnado do Ceip de Quiroga participou dunha saída cultural ao Courel
RibeiraSacraXa
O alumnado de primeiro e segundo do Ceip de Quiroga realizou unha saída cultural desprazándose ata Santa Eufemia, unha parroquia de Folgoso do Courel, para coñecer da man de Dani como é o proceso da elaboración dos seus produtos.
17 Nov 2023

Durante a actividade, financiada pola Anpa do colexio, desfrutaron no souto buscando castañas e despois visitaron o obradoiro de Caurelor onde lles ensinaron como é o lugar onde traballan e a maquinaria que usan.
Ademais, finalizaron o día facendo unha degustación de marmeladas da man, de novo, de Dani, que lles agasallou cun dos seus produtos e un conto dos Bolechas para cada un.