Escolares do Colexio de Bóveda participaron nunha visita guiada ao Castro de San Lourenzo, na Pobra do Brollón

O alumnado do CEIP de Bóveda realizou unha visita didáctica ao castro de San Lourenzo, no marco do proxecto escolar “A vida castrexa”, centrado na cultura dos castros galegos.
Durante a actividade, o estudantado tivo a oportunidade de coñecer de preto este importante xacemento arqueolóxico, con pegadas de ocupación desde a época romana ata a Idade Media. Tamén descubriron a súa necrópole medieval e os traballos de recuperación impulsados pola arqueoloxía comunitaria.