O alumnado de Ribas de Sil inaugurará as novas instalacións do pavillón polideportivo municipal

RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil vén de informar de que xa remataron as obras do pavillón polideportivo municipal, unhas actuacións que consistiron na substitución do tellado e dos laterais con panel tipo sándwich, a substitución das luminarias por outras tipo led, a apertura de dúas ventás, a substitución da porta lateral, a protección dos piares contra impactos e a cubrición dos laterais interiores con taboleiro hidrófugo, así como a pintura de tódalas paredes interiores e exteriores.
17 Dec 2023

Todas estas actuacións foron adxudicadas nunha licitación pública adxudicada á empresa Nature infraestruturas e servicios, de Lalín, e o importe das mesmas foi de máis de 40.000 euros máis ive.

Desta maneira, as obras supuxeron unha inversión total de 142.312,04 euros e estiveron financiadas polo fondo adicional do Fondo de Cooperación Local con 140.000 euros, un 98,38%. O luns comezarán de novo as actividades nestra importante infraestrutura deportiva.

As novas instalacións serán estrenadas, como non, polos alumnos do CEIP de San Clodio o vindeiro 18 de decembro, retomando tamén as clases de patinaxe.

0.19188094139099