O alumnado de Quiroga e Ribas de Sil participará no Obradoiro de Improvisación Oral en Verso

RibeiraSacraXa
A actividade organízase conxuntamente entre os dous concellos e terá lugar o vindeiro martes, 24 de setembro na Casa da Cultura de Quiroga
casa-cultura-quiroga
18 Sep 2024

Dende o departamento de Normalización Lingüística de Quiroga organízase conxuntamente, entre o Concello de Quiroga e o Concello de Ribas de Sil, o Obradoiro de Improvisación Oral en Verso.

O obradoiro, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos CEIP destes dous municipios, conformado por 43 rapaces e rapazas, levarase a cabo o día 24 de setembro entre as 11.00 e as 12.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Quiroga.

A actividade conxunta de todo o alumnado participante comeza cunha pequena demostración por parte dos regueifeiros: Luís 'O Caruncho' e Pinto d'Herbón.

No transcurso da sesión falarase sobre a historia da regueifa e de como chegou aos nosos días, cantarase un romance de cego enumerando diferentes lugares do mundo onde hai improvisación en verso e faranse prácticas de rima e ritmo.

Despois da práctica construiranse unha serie de coplas colectivas que se cantarán coa intención de practicar o ritmo da regueifa. Na última media hora, cada alumno fará as súas coplas individualmente ou en grupo.

Os obxectivos desta actividade, segundo matizou o concelleiro de Normalización Lingüística, Xosé Manuel Fernández, son "fomentar o uso do galego; o enxeño, a retranca, e o aumento do vocabulario; mellorar a autoestima; fomentar a musicalidade; e sementar o gusto pola poesía".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15469002723694