O alumnado de Edafoloxía visitou o Xeoparque Montañas do Courel

RibeiraSacraXa
O Xeoparque Montañas do Courel acolleu esta fin de semana a visita do alumnado de Edafoloxía dos Graos de Ciencias Ambientais e Enxeñaría Agraria da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, no campus de Ourense.
alumnado no Xeoparque do Courel
29 Abr 2024

O Xeoparque Montañas do Courel acolleu esta fin de semana a visita do alumnado de Edafoloxía dos Graos de Ciencias Ambientais e Enxeñaría Agraria da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, no campus de Ourense.

Acompañados dos membros do Comité Científico do Xeoparque, Augusto Pérez-Alberti, Xose Luis Otero e Luis Guitian Rivera,leváronos ao alto da Pedra, O Taro Blanco, A Devesa da Rogueira, A Seara, e Ferreiros, onde tiveron a oportunidade de coñecer diferentes perfís dos solos do Xeoparque, así como coñecer o contexto xeomorfolóxico, o sistema agrícola e a organización da paisaxe das Montañas do Courel.

Esta visita enmárcase no proxecto da UE H2020 'Soil Biodiversity enhancement in european agroecosystems to promote their stability and resilience by external inputs reduction and crop performance increase (SOILDIVERAGRO)', que coordinan Manuel Arias e David Fernández Calvino, que tamén estiveron na excursión.

0.19720506668091