O alumnado de cinco centros educativos participou do IV Encontro Interescolar na Pobra do Brollón
TerraChaXa | RibeiraSacraXa
A Pobra do Brollón foi onte epicentro do repentismo con motivo do IV Encontro Interescolar de Improvisación no que participou o alumnado do CEIP da Pobra ademais de 66 nenas e nenos doutros 5 centros educativos de Monforte, Vilalba, Vila de Cruces, Caldas de Reis e O Courel, que se xuntaron para regueifar e brindar.
5 Apr 2024

Ao longo do día, as e os participantes visitaron o colexio guímaro, onde foron recibidos polo alcalde Xosé Lois Maceda, e realizaron unha ruta polo Camiño de Inverno con visita ao Castro de San Lourenzo.
A xornada rematou na Casa da Cultura Olga Novo cunha mostra de improvisación, ocasión que o alumnado do colexio da Pobra aproveitaron para facerlle unha homenaxe á ex-directora do cole, Dora Fernández.