O alumnado de 6º de primaria xa está a traballar co obradoiro 'En liña coa igualdade'

RibeiraSacraXa
Alumnado de 6º de primaria de Monforte están trabajando a través del taller 'En liña coa igualdade' enmarcado en las actividades del 25N.
obradoiro en liña igualdade alumnado monforte
24 Nov 2021

Dende onte xa está en marcha o obradoiro “En liña coa igualdade” dirixido ó alumnado de 6º educación primaria, organizado polo Concello de Monforte dentro do programa de actividades arredor do 25-N.

É un obradoiro práctico e de traballo grupal no que se analizan o uso das redes sociais, a visión da adolescencia nas redes (a importancia da imaxe, a hipersexualización infantil en internet...) así como as consecuencias negativas que a mesma provoca nos nenos, nenas e adolescentes.

O obradoiro está sendo impartido por Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social con ampla formación e experiencia en igualdade, a cal tras analizar os conceptos anteriormente sinalados traballará o que amosa a rapazada nas redes sociais e a rede de contactos que acceden a estes contidos.

A actividade vai dirixida ó alumnado de 6º da ESO e cada sesión ten unha duración de 90 minutos.

0.16604709625244