O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Xoán de Requeixo actuará este venres en Chantada

RibeiraSacraXa
Os nenos e nenas do centro representarán unha obra de teatro no Auditorio Municipal de Chantada
recurso-teatro
7 Feb 2025

Chantada acolle este venres unha representación teatral a cargo dos alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP Xoán de Requeixo. O alumnado do centro representará unha obra titulada ‘Policía’.

A función dará comezo ás 20.15 horas no Auditorio Municipal de Chantada e dende o Concello animan á veciñanza a asistir e apoiar esta iniciativa cultural posta en marcha polo centro educativo en colaboración co Concello de Chantada.

0.16231894493103