O alumnado de 2º ESO do IES A Pinguela participou nas Rutas Científicas, Artísticas e Literarias do Ministerio de Educación

Vinte e tres alumnos e alumnas de 2º de ESO do IES A Pinguela veñen de completar a súa participación nas Rutas Científicas, Artísticas e Literarias organizadas polo Ministerio de Educación.
Durante unha semana, o grupo realizou un percorrido por diferentes puntos de Extremadura e Castela e León sur, visitando lugares como Casar, Cáceres, Trujillo, o Parque Nacional de Monfragüe, Granadilla, Salamanca, Ávila, Valsaín, o Parque Nacional da Sierra de Guadarrama e Segovia.
Ao longo da ruta, participaron en actividades educativas, culturais e ambientais, compartindo a experiencia co alumnado do IES Costa del Sol de Torremolinos (Málaga), co que conviviron durante toda a estancia.
Desde o centro valoran moi positivamente a actividade, que combinou aprendizaxe, convivencia e coñecemento do patrimonio natural e histórico destas comunidades.