O alumnado da Pobra do Brollón poderá desfrutar de actividades deportivas e da lectura
A Pobra do Brollón organiza, baixo o Programa Plan Corresponsables no ámbito local ‘A Guimaralia máis Corresponsable’, os mércores en movemento e os xoves entre libros.
Así, desenvolveranse todos os mércores actividades deportivas para Infantil, Primaria e ESO do municipio diferentes actividades, en horario de 15.45 a 17.15 para os de Infantil e 1º e 2º de Primaria; de 17.30 a 19.00 horas, de 3º a 6 de Primaria; e de 19.00 a 20.30 horas de 1º a 4º da ESO.
Pola súa parte, os xoves entre libros consistirán en actividades de fomento á lectura, que tamén se desenvolverán para alumnado de Infantil, Primaria e ESO. O horario será de 15.45 a 17.00 horas para Infantil e 1º e 2º de Primaria; de 17.15 a 18.30 horas de 3º a 6º de Primaria e de 18.45 a 20.00 horas no caso dos da ESO.