O alumnado da Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón actuará no Festival das Letras
RibeiraSacraXa
O alumnado da Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón actuará no Festival das Letras que terá lugar esta tarde
19 May 2023
Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello da Pobra do Brollón organiza o Festival das Letras este sábado, 20 de maio.
A partir das 19.30 horas o alumnado da Escola Municipal de Música Samoeiro actuará na área recreativa de Samugueiros, aínda que se chove a actividade trasladarase á Casa da Cultura Olga Novo.
Ademais, esta iniciativa tamén acollerá a entrega dos premios da Feira do Viño de Vilachá que se celebrou os pasados 6 e 7 de maio.
Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo, xa que o acto ten acceso libre e gratuíto.