O alumnado da Escola de Pintura de Chantada expón os seus traballos na Casa da Cultura

RibeiraSacraXa
A mostra poderá visitarse ata o próximo 31 de decembro
Mostra da Escola de Pintura de Chantada
Mostra da Escola de Pintura de Chantada
10 Dec 2024

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 31 de decembro a exposición dos traballos realizados co Programa de Pintura que desenvolve a concellaría de Servizos Sociais no Edificio Multiusos de Chantada.

No programa de Pintura participaron un total de 60 persoas maiores de 65 anos. Na exposición pódese ver o resultado destes cursos, cadros de paisaxes e figuras, ademais dos diferentes motivos que aparecen en bolsos, camisetas, sabas, colchas, coxíns, etc. Os cursos divídense en pintura ao óleo que se desenvolve os mércores de 16.30 a 19.00 horas e un curso de pintura en tea que ten lugar os venres, tamén de 16.30 a 19.00 horas.

A maioría das participantes nestes cursos son mulleres, explican dende o Concello. “Este tipo de actividades contan con gran aceptación porque ademais de potenciar a creatividade, mellórase a autoestima e entras en contacto con outras persoas”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, que invita a visitar esta mostra e lembra que as persoas interesadas en sumarse ao Programa de Pintura poden facelo acudindo a Servizos Sociais do Concello de Chantada.

A mostra pode visitarse en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 de luns a venres e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.20234513282776