O alumnado CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel acolleu un obradoiro de igualdade promovido pola subdelegación do Goberno

RibeiraSacraXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou o centro para concienciar o alumnado sobre a importancia da prevención para loitar contra a violencia de xénero
olimpia-lopez-ceip-folgoso
12 Nov 2025

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou este martes o CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel, onde se desenvolveu un obradoiro dirixido ao alumnado de primaria e secundaria centrado na igualdade e na prevención da violencia de xénero. Esta actividade forma parte do programa da Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Lugo, coa conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O obradoiro foi impartido pola mestra e intérprete de música tradicional Branca Villares, que achegou ao alumnado unha viaxe pola historia das cancións galegas, analizando a evolución das mensaxes sobre o amor, os roles de xénero e a presenza das mulleres na cultura popular. A través da música, o diálogo e o debate, os estudantes reflexionaron sobre como se constrúen os estereotipos e aprenderon a detectar contidos machistas ou discriminatorios nas letras actuais.

A subdelegada salientou “a capacidade da cultura para facer pensar e para sementar conciencia crítica desde idades temperás” e agradeceu ao profesorado o seu compromiso coa educación en valores, destacando “Traer ao Courel iniciativas como esta é apostar polo futuro dun rural vivo e con igualdade de oportunidades para a súa mocidade”.

⚙ Configurar cookies
0.077548980712891