O alcalde e o ex-ministro de Sanidade reúnense en Monforte para analizar a situación política

RibeiraSacraXa
O alcalde e o ex-ministro de Sanidade reúnense no concello de Monforte para analizar a situación política actual
encontro Tomé Illa
24 Ago 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, mantivo un encontro co ex-ministro de Sanidade e actual secretario do Partido Socialista de Cataluña, Salvador Illa, durante a visita que o político catalán realizou a Monforte.

Ambos mandatarios reuníronse no Parador de Turismo de San Vicente, e intercambiaron opinións sobre a situación política xeral.

En particular, José Tomé expúxolle a situación actual tanto de Monforte de Lemos como da provincia de Lugo.

Do mesmo xeito, Salvador Illa trasladoulle ó rexedor monfortino a súa visión sobre a política nacional e en Cataluña.

O alcalde quedou en devolverlle a visita a Cataluña, tan pronto como sexa posible, á sede dos socialistas cataláns, dado que o alcalde de Monforte e presidente da Deputación Provincial de Lugo mantén unha excelente relación coa presidenta da Deputación de Barcelona, Nuria Marín.

encontro Tomé Illa
0.18267107009888