O alcalde de Quiroga visita as escolas deportivas
Julio Álvarez, alcalde de Quiroga, visita as escolas deportivas do municipio que este curso se moven baixo o lema Diversión, valores e aprendizaxe.
Un cento de rapaces e rapazas participan nas clases de fútbol sala e voleibol, que se complementan con outras modalidades de deporte coas que colabora o Concello de Quiroga coma fútbol, aeróbic, pilates, zumba ou kárate e que teñen lugar nas escolas deportivas do municipio.
Estas escolas de Quiroga levan máis de dúas décadas funcionando, sendo o primeiro concello da Ribeira Sacra que as puxo en marcha. Os nenos e nenas que participan, con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, están inmersos nos adestramentos mentres agardan que comecen as competicións.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, ademais de ver o traballo que están a realizar os nenos, tivo tempo de conversar co concelleiro de deportes, Andrés Novoa, que se encarga persoalmente destas actividades.