O alcalde de Quiroga oponse á supresión da parada que realiza a liña Galicia-Madrid na vila
O Goberno Central pretende eliminar a parada que o autobús con destino a Madrid facía en Quiroga. O Ministerio de Transportes quere actualizar as concesións deixando soamente as paradas en grandes núcleos de poboación.
Tras coñecer o anteproxecto da redución das paradas da liña que une Galicia con Madrid, nas que se incluiría a parada de Quiroga, o alcalde do municipio, Julio Álvarez, vai presentar un recurso en contra desta supresión.
Esta liña de autobús de longa distancia leva uns 30 anos facendo este recorrido e parando en Quiroga (Hostal Marcos).
Esta reivindicación ven dada despois de que o executivo central afirmara que entre as súas previsións está a actualizacións das concesións que teñen máis de 30 anos de antigüidade no que se priorizarán as cidades e as poboacións con máis demanda, deixando aos núcleos rurais con accesos limitados e conexións escasas.