O alcalde de Monforte inaugura a Zona C, unha nova área urbanizada

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte de Lemos inaugura a Zona C, unha nova área urbanizada que cambia a fisionomía do centro
zonaC monforte
16 Nov 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de inaugurar a Zona C, unha nova área urbanizada que cambia a fisionomía do centro de Monforte.

No acto estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, o voceiro Ibán Torres, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, a concelleira de Consumo, Regina López Arias, así como por numerosos veciños desta zona da cidade.

O rexedor monfortino destacou que “coa apertura desta nova zona urbanizada da cidade vimos de cambiar a fisionomía de Monforte. Puxemos valor unha zona que estaba abandonada e que dende o punto de vista da mellora urbana, supón un salto cualitativo moi importante, porque con proxectos coma este, Monforte, sigue avanzando”.

“Para nós, para o Equipo de Goberno, é un día de moita satisfacción porque vemos culminado un proxecto que habíamos comprometido cando nos presentamos as eleccións no pasado mandato, e no que prometéramos desenvolver bolsas de suelo como a que hoxe inauguramos, dotándoa con espazos de lecer e de espazos urbanizables que beneficiarán o sector da construción e mellorarán esta zona da cidade”, afirma o rexedor.

“As obras levadas a cabo na Zona C supuxeron a eliminación dunha balsa de maleza que existía dende o final da rúa Rof Codina ata a rúa Cobas e na rúa Fontecha, logo do cal abrimos novos viais, creamos novas parcelas para edificar e unha nova zona verde axardinada arredor da Gardería Municipal” destaca o rexedor municipal. Engadindo que “Con estas obras melloramos a trama urbana e poñemos en valor unha zona da cidade moi preto do monumento da Nosa Señora da Antiga, que sen dúbida vaille dar unha maior calidade urbana a esa parte de Monforte”.

Este proxecto contou cun orzamento de  918.165,09 euros (IVE engadido) e recibiu unha axuda de 300.000 euros aportados pola Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello monfortino, é dicir, 618.165,09 euros, un 67,33% do total.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20378589630127