O alcalde de Monforte honrou un ano máis á Virxe de Montserrat

RibeiraSacraXa
José Tomé renovou os seus votos nunha cerimonia que contou coa presencia dos principais representantes institucionais da cidade
pascua-virxe-montserrat-monforte
23 Apr 2025

Como é tradición este Martes de Pascua, volvéronse a celebrar os actos das honras á Virxe de Montserrat, sendo día festivo en Monforte. Desta forma, a comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros da Corporación municipal, representantes institucionais, e dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, partiu da Casa do Concello para asistir á misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa de San Vicente. Esta igrexa volveu así a acoller os actos litúrxicos do Martes de Pascua, por segundo ano, logo das importantes obras de restauración que se levaron nela a cabo dende o Goberno de España, a petición do Alcalde monfortino.

A eucaristía foi presidida polo Vicario de Pastoral do Obispado de Lugo, D. Luis Manuel Rodríguez Pérez, e polo párroco monfortino D. Rafael Mella e contou, como é tradición coa presencia das Camareras da Virxen, así como dos membros da súa cofradía.

Tras a celebración eucarística, tivo lugar unha procesión coa imaxe da Virxe polo atrio da igrexa de San Vicente do Pino ata o Campo da Virxe, tal e como marca a tradición, momento no que o Alcalde renovou os votos coa Patroa da cidade. Este ano, ademáis a procesión continuou dende o Campo da Virxe pola parte antiga da cidade, tramo que levaba sen facerse dende antes da pandemia.

“Dende que eu son Alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, hoxe Martes de Pascua, mantivemos esta centenaria tradición na que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto este día como o 15 de agosto, no que honramos a nosa patroa”, manifestou o rexedor monfortino, celebrando o día tan estupendo que fixo e que facilitou que o acto nas honras da Virxe de Montserrat e a renovación dos votos do Alcalde, puideran levarse a cabo na totalidade do percorrido tradicional.

Nos actos do Martes de Pascua, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Sanidade, Pilar Espinosa, de Servizos, José Luis Losada, Cultura, Marina Doutón, de Consumo, Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación municipal, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, así como a Capitana da Garda Civil de Monforte, Mª José Moreno López.

Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o Director Territorial de Presidencia, Xustiza e deportes da Delegación da Xunta en Lugo, Francisco Javier Vázquez e o Alcalde de Sober, Luis Fernández, entre outros.

⚙ Configurar cookies
0.16323804855347