O alcalde de Monforte entregou as medallas correspondentes á V Gala de Ximnasia Rítmica

RibeiraSacraXa
Esta gala foi organizada polo Club Rítmica Kendra, en colaboración co Concello de Monforte
V-Gala-de-Ximnasia-Rítmica-Monforte
16 Xuño 2024

O alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega das medallas correspondentes á V Gala de Ximnasia Rítmica.

Esta gala foi organizada polo Club Rítmica Kendra, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse no remodelado Pavillón Polideportivo de A Pinguela, que estaba ateigado de familiares e amigos das participantes.

O encontro contou coa participación de arredor de 140 ximnastas, a maioría monfortinas, pero tamén doutras localidades da comarca de Lemos.

0.086611032485962