O alcalde de Monforte cualifica de “éxito rotundo” as Festas Patronais de 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, cualificou a edición de 2025 das Festas Patronais na honra da Virxe de Montserrat “como un éxito en todos os sentidos”.
Segundo explicou, “todo transcorreu con normalidade, sen ningunha incidencia destacable, motivo de gran satisfacción”. Ademais, cualificou “tanto as actuacións estelares, como como o resto de programación das Festas, espectáculos para os mais pequenos, pasacalles, grupos de música tradicional...como un éxito, con unha gran afluencia de público e gran satisfacción dos espectadores polas actuacións programadas polo Concello”.
Tomé Roca destacou que as actuacións estelares foron “espectaculares, con unha masiva asistencia de público e gran satisfacción dos asistentes ós concertos tal e como se desprende da resposta do público ós diferentes espectáculos”. O alcalde tamén mostrou a súa satisfacción polo resto da programación desenvolvida durante estes seis días de festas, cualificándoa como un éxito, con público volcado cos espectáculos que se desenvolveron tanto na Praza de España, como no Cardenal e nas diferentes rúas da cidade.
Durante a súa valoración, Tomé Roca salientou “estou plenamente satisfeito coa elección da pregoeira deste ano, Dona Manuela Sáez, considerada por todos con gran respecto e admiración e que fixo un pregón cualificado por moitos dos asistentes asiduos ó pregón das festas patronais, como un dos mellores que se fixeron nos últimos anos”. Tamén destacou “tamén teño que transmitir a miña satisfacción pola actuación do Grupo A Roda, que o luns pola noite encheu a Praza de España dun público entregado ó espectáculo que ofreceron estes cinco artistas de gran traxectoria profesional”.
Sobre as xornadas seguintes, o alcalde explicou que “en canto ó martes, tanto o Festival cómico festivo como as actuacións de Xograres de Lemos e da Orquestra de Música do Conservatorio Mestre Ibáñez do Concello de Monforte, contaron con moita afluencia de público que mostrou a súa satisfacción cos espectáculos que fixeron e sen lugar a dúbidas, as actuacións de pola noite, tanto a do Grupo América de Vigo como a da Orquestra Panorama, resultaron un éxito rotundo, tanto polo reclamo de público que abarrotou a Praza da Compañía, como polo espectáculo propiamente dito de ambas orquestras que nunca defraudan ó seu público”.
O mércores, considerado polo alcalde como “o mais complicado por ser o día seguinte lectivo e día de traballo”, tamén foi de gran éxito, e tanto o grupo As Searas como a actuación principal de Coque Malla, resultaron de gran aceptación entre o público asistente.
No xoves 14, tanto os espectáculos de día co Festival Cómico Festivo como o concerto da banda de acordeóns O Folión, e os concertos da noite na Praza da Compañía de Movilla y los Irrepetibles, os Gin Toni`s e o concerto estelar do Grupo Dorian, contaron con gran asistencia de público e unha Praza da Compañía ateigada dun público entregado. Para Tomé, “sen dúbida o venres e sábado foron os días de mais asistencia de público, os concertos tanto de Abraham Mateo como de Nil Moliner foron espectaculares, a xente conectou cos artistas en todo momento, interactuando todo o tempo con eles e as valoracións que facían ó saír de ambos concertos eran de plena satisfacción”.
Tamén destacou o éxito das dúas sesións de fogos artificiais: “será difícil que se poidan superar”, referíndose á do día 15 dende San Vicente e á do sábado, día 16, no paseo do Malecón.
O alcalde rematou a súa valoración salientando que “si a todo isto lle unimos que non houbo que lamentar ningún tipo de incidencia nos seis días de Festas Patronais, nos que todo se desenvolveu con normalidade, a pesar da gran cantidade de persoas que viñeron ás Festas Patronais e dende tantos puntos de Galicia e de España, a valoración que fago desta edición de Festas de agosto, non pode ser mellor. A inversión feita, con gran esforzo por parte do Equipo de Goberno, mereceu a pena con creces, baixo o meu punto de vista, xa que o retorno económico para os negocios de Monforte é importantísimo pola gran cantidade de xente que nos visitou durante estes seis días”.