O alcalde de Monforte anuncia a construción dunha nova nave de Fenestra no Polígono do Reboredo
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer “un proxecto que é unha gran noticia para Monforte, e de xeito particular para o Polígono Industrial do Reboredo, para a industria monfortina, e para a actividade económica e o emprego do noso Concello e da comarca”.
Para elo, estivo acompañado por Miguel de la Fuente, responsable do Grupo Fenestra-Alumetal, que levará a cabo a construción dunha nova nave de Fenestra no citado polígono, cun investimento de máis de 8 millóns de euros. Tamén estivo presente o arquitecto que deseñou a nova nave, Ramón Rodríguez do estudio Abante.
O rexedor monfortino salientou que “desde o Concello, animamos ao responsable de Fenestra a que explorara as súas posibilidades de crecemento, colaboramos en todo aquelo que necesitou e aínda estamos facendo xestións diante doutras Administracións para obter axudas, e tramitamos a licencia deste proxecto, dándolle prioridade por ser un proxecto de interese relevante”.
Tomé explicou que o Grupo Fenestra-Alumetal adquiriu unha parcela de 28.000 metros cadrados xunto á parcela que adquiriu Kern Pharma. Na primeira fase desta nova empresa, vai construír unha nave do tamaño dun campo de fútbol, é dicir, 10.000 metros cadrados - 1 hectárea, o que lle vai permitir ter unha capacidade de produción de 400 ventanas diarias, aumentando exponencialmente a súa capacidade de produción actual, e que están destinadas á exportacións dentro e fora de Galicia.
“Un dato que dá unha boa medida da importancia deste proxecto empresarial, é que vai realizar un investimento superior aos 8 millóns de euros, e vai xerar varios postos de traballo, aumentando o cadro de traballadores nun 25 % nesta primeira fase, dado que vai ser unha planta moi automatizada, con máquinas de última tecnoloxía”, subliñou José Tomé.
O rexedor municipal agradeceu a Miguel de la Fuente “Miguel o traballo que viñemos facendo nos últimos anos para desenvolver o Polígono e a súa empresa, e que dá como resultado esta excelente noticia. Sobre todo, cando unha parte dos seus propietarios son ou residen en Monforte”.