O alcalde da Pobra do Brollón defende que a veciñanza "debe estar tranquila" con respecto á residencia de maiores
O alcalde do Concello da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, responde ás críticas da oposición con respecto á recente paralización da licitación da residencia de maiores, lembrando que "non se trata dun tema político, senón dunha circunstancia administrativa, xa que a empresa adxudicataria se declara en concurso de acredores".
Desta maneira, para así as acusacións vertidas sobre a súa persoa e sobre a Deputación de Lugo e di que a veciñanza debe estar tranquila "fronte ao alarmismo, xa que o convenio asinado segue vixente. O Centro de Atención a Maiores vaise construír", sentenciou.
Por outra banda, explica que a partir de agora éntrase nun procedemento negociado, o cal axiliza os prazos e, previsiblemente, haberá unha nova adxudicación; mentres que sostén que o Concello da Pobra do Brollón cumpriu dende o inicio coa súa parte do convenio, que é a cesión dos terreos e a achega económica.