'O agrarismo nas Terras de Chantada' de Antonio Paz, premiado no Certame de investigación Condado de Pallares
A Casa da Cultura de Chantada acolleu a entrega do premio da sétima edición do Certame de investigación Condado de Pallares este sábado. O galardoado foi o veciño Antonio Paz Vázquez pola obra 'O agrarismo nas Terras de Chantada', un profundo estudo histórico do agrarismo galego dende a desamortización ata o 1936 polos concellos de: Concello de Chantada, Concello de Taboada e Concello de Carballedo.
No acto estiveron presentes o alcalde do Concello de Chantada, Manuel L. Varela; a xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Xunta de Galicia, Sagrario Sánchez e a deputada de Cultura Deputación de Lugo, Iria Castro.
Tamén acudiron a tenente de alcaldesa do Concello de Guntín, Teresa Estévez; a representante do GDR Comarca de Lugo, Lorena López; membros do xurado, Carlos Valiñas e Fernando Arribas; o presidente da asociación Mosteiro De Ferreira De Pallares, Carlos Vázquez; o tenente de alcalde do Concello de Taboada, José Portela; un membro do Consello Reitor de Caixa Rural Galega, José Aquilino Rodríguez, un representante do GDR Asociación Miño Ulla, Javier R. Medela e o galardoado, Antonio Paz Vázquez.