O actor e humorista Alberte Montes actúa esta tarde en Pantón

RibeiraSacraXa
Interpretará o espectáculo Patrón, que é unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega
Alberto-Grandes-pantón
9 Ago 2024

O actor e humorista Alberte Montes, orixinario dos Anguieiros no Concello de Quiroga, está de minixira estes días pola Ribeira Sacra, actuando no Concello de Pantón co seu novo espectáculo Patrón.

Concretamente, esta tarde de venres 9, ás 22.00 horas, estará na praza do Concello de Pantón, e poderán asistir a este evento todas as persoas interesadas de maneira gratuíta.

O espectáculo Patrón é unha homenaxe a esa figura icónica da cultura popular galega. Ese cabeza de familia, xefe da cuadrilla, ese pureta que se cre máis e con máis poder do que en realidade ten. Alberte vaise facendo maior e cre estar entrando nun proceso de “empatronamento”. Tics, manías, xeitos de facer estanlle marcando o camiño. A súa vida cambiou un chisco nos últimos tempos. Vai quedando atrás o Alberte mozo, que saía un martes e non tiña resaca o mércores, que durmía máis cas mantas ou que non tiña que preparar o IVA trimestral.

Neste espectáculo, Alberte tamén renderá tributo ó patrón de referencia, seu pai. Alberte é actor e cómico. Como cómico supera as 1.000 actuacións en directo e colocou varios monólogos para Central de Cómicos, formato de moda hai anos en Comedy Central.

0.22779107093811