O activista palestino Fayez Badawi ofreció un coloquio en Monforte

Este luns, 24 de marzo, o activista palestino Fayez Badawi ofreció unha charla en Monforte, na que expuxo a realidade da loita do pobo palestino
O coloquio, organizado por A Xacia e Mar de Lumes, xirou arredor da opresión e a violencia que sofre o pobo palestino, tal e como denunciou Badawi, que sinalou a responsabilidade das potencias occidentais ante esta situación. Ademais, puxo en valor a resistencia do pobo palestino e a importancia da solidariedade internacional para visibilizar a súa loita e rematar co bloqueo informativo.
Fayez Badawi é un militante palestino comprometido coa defensa dos dereitos do seu pobo, cunha traxectoria destacada na loita pola xustiza e a liberación de Palestina. Naceu fai uns 70 anos no campo de refuxiados de Tal Azzatar, no Líbano, e desde a súa adolescencia se involucrou activamente na política, adhiriéndose ás ideoloxías do marxismo-leninismo e o nacionalismo palestino. A súa familia provén do norte de Palestina, especificamente das zonas de Haifa e Acre.
A lo longo da súa vida, Fayez xogou un papel importante dentro do Fronte Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), participando en eventos e conferencias en España para visibilizar a ocupación israelí e as inxustizas sufridas polo pobo palestino. Nas súas intervencións, subliñou que a estratexia sionista busca "expulsar, confiscar e confinar cada vez máis aos palestinos en reservas, semellante a un sistema de apartheid".