O acordeonista Juan Matías ofrece un concerto en Sober
RibeiraSacraXa
O acordeonista Juan Matías ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20.
12 May 2024
O acordeonista Juan Matías ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20.00 horas no centro sociocultural con entrada de balde. A actuación enmárcase na Primavera Musical organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello e leva por título ‘A través do reflexo’.
Juan Matías é compositor residente da tempada 23-24 da Red de Músicas, un circuíto musical que vai por todo o país a través de máis dun centenar de Asociacións Locais de Mocidades Musicais. Forman parte deste circuíto os novos intérpretes gañadores do Concurso Permanente e tamén os premiados doutros concursos de Mocidades Musicais.