O aceite de Quiroga protagonizou a primeira xornada do roteiro gastronómico “O Camiño de Inverno GUSTA”

RibeiraSacraXa
A iniciativa, organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel para promocionar o Camiño do Inverno, continuará o próximo sábado en Ribas de Sil
o-camiño-do-inverno-gusta-quiroga
"O camiño do inverno GUSTA", Quiroga
24 Mar 2025

O sábado comezou no local social de Bendilló o roteiro gastronómico “O Camiño de Inverno GUSTA”, unha iniciativa organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel. O seu principal obxectivo foi promocionar o Camiño do Inverno, destacando o seu valor como ruta xacobea a través da gastronomía e a historia.

O evento foi inaugurado polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e polo presidente do GDR, José Manuel Arias, quen deron o pistoletazo de saída a esta actividade, que contou cunha excelente acollida por parte dos asistentes. A xornada comezou cunha cata de aceite e un taller impartido polo xerente da empresa local Ouro de Quiroga. Nesta actividade, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer as características do aceite de oliva da rexión, así como a súa historia e tradición.

Durante o evento, o alcalde aproveitou para convidar aos presentes á XXV Mostra do Aceite de Quiroga, que se celebrará os próximos 29 e 30 de marzo. Ao longo das seis etapas do roteiro, os asistentes poderán disfrutar de produtos locais como aceite, viño da Ribeira Sacra, mel, queixo e repostaría tradicional.

Este proxecto responde a un compromiso constante co apoio a iniciativas impulsadas a través do programa Leader, que buscan o desenvolvemento sostible do territorio e a consolidación de actividades económicas vinculadas á produción local e á dinamización do medio rural.

O roteiro desenvolvease en seis etapas, distribuídas en diferentes localidades da comarca, cunha duración aproximada de dúas horas por etapa. Cada unha delas inclúe visitas guiadas, catas e actividades interactivas que permiten aos participantes mergullarse na historia e nas tradicións de cada lugar. Ademais, implementouse un sistema de pasaporte de selos con incentivos para fomentar a participación, premiando aqueles que completen ao menos catro etapas cun lote de produtos locais. Aqueles que finalicen as seis etapas recibirán un vale canxeable nun establecemento do Camiño de Inverno, contribuíndo así á promoción do territorio.

Segunda etapa: Ribas de Sil e a cultura do viño da Ribeira Sacra

Despois da primeira parada en Quiroga, o roteiro continuará en Ribas de Sil, cunha nova experiencia dedicada ao viño da Ribeira Sacra. Os participantes visitarán a Adega Pazo de la Cuesta, a bodega máis antiga de Galicia.

Nesta etapa, levarase a cabo unha visita guiada pola adega, onde os asistentes poderán coñecer a historia vitivinícola da Ribeira Sacra. A visita incluirá unha cata comentada dos viños da rexión, permitindo aos participantes explorar os matices destes produtos locais. Ao final da xornada, realizarase unha degustación de produtos locais, destacando os sabores máis auténticos do territorio.

A cita terá lugar o sábado 29 de marzo ás 12:00 horas na entrada do Pazo (Cancilla), xunto ao paso a nivel da vía do tren. A duración aproximada da actividade será de dúas horas.

O prazo máximo de inscrición é o xoves 27 de marzo ás 14:00 horas.

⚙ Configurar cookies
1.0172159671783