O aceite de Quiroga participa, por cuarta vez, no posto de 'E para comer, Lugo' en La Vuelta Ciclista
O aceite de Quiroga volve a percorrer España por cuarta vez La Vuelta 2023 no posto de ‘E para comer, Lugo’ da asociación de hostalaría da provincia de Lugo (APEHL).
A volta ciclista arrancou o pasado sábado 26 de agosto desde Barcelona e rematará, tras máis dunha vintena de etapas, en Madrid o 17 de setembro e o posto co aceite de Quiroga estará presente nas saídas de etapa en terras de Barcelona, Andorra, Tarragona, A Costa Blanca, Valladolid, Zaragoza, Pamplona, Santander, Asturias, León e Madrid.
Esta é a cuarta vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai once anos e na que participan unha vintena de produtos presentados por distintos consellos reguladores da provincia entre os que destacan dentro da zona da Ribeira Sacra, o viño, as galletas mariñanas de Chantada e o aceite quirogués.
Será o persoal da Asociación quen atenderá aos asistentes e, a maiores de servir aperitivos elaborados con produtos da terra, difundirá exemplares da última edición da guía turístico gastronómica …E para comer, Lugo.
A asociación de hostaleiros de Lugo calcula que estes postos son visitados cada ano por máis de 20.000 persoas, o que supón unha importante promoción para o aceite de Quiroga.