O 9 de setembro terá lugar o II Trail e Andaina Capela San Vitorio polos montes da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O II Trail e Andaina Capela San Vitorio organizado polo Concello da Pobra do Brollón celebrarase este vindeiro 9 de setembro a partir das 09.
Area Samugueiros
28 Ago 2023

O II Trail e Andaina Capela San Vitorio organizado polo Concello da Pobra do Brollón celebrarase este vindeiro 9 de setembro a partir das 09.30 horas da mañá cuxa saída terá lugar na área recreativa Samugueiros, onde tamén rematará.

O trail será de 28 quilómetros e cun desnivel de arredor de 1.200 metros ao que terán que facer fronte as persoas participantes, que poderán desfrutar de moitas pistas forestais e carreiros e traileras para coñecer o mellor dos montes do municipio da Pobra do Brollón.

Por outra banda, tamén haberá un minitrail de 14 quilómetros no que os participantes poderán percorrer un paisaxe de pistas forestais de baixa dificultade apto para todos os niveis de corredores.

Por último, tamén haberá unha andaina, neste caso de 9 quilómetros e cun desnivel de arredor de 200 metros por pistas asfaltadas e forestais polas zonas do Camiño de Inverno, por Castro e Cereixa, e sen dificultade.

Trail andaina San Vitorio A Pobra do Brollon
0.070374965667725