O 9 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través destas Escolas Deportivas municipais para o período 2024-2025
Gala-do-deporte-Monforte
7 sep 2024

José Tomé Roca, alcalde de Monforte, vén de anunciar que este luns 9 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2024-2025.

O Concello oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través destas Escolas Deportivas municipais para o período 2024-2025, con 283 prazas dispoñibles.

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos (a partir de 16 anos). Así, as actividades para nenos serán golf, pádel, Kung Fu e zumba; mentres que as de adultos son ximnasia de mantemento, Tai Chi , ioga e zumba.

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2024 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2025, completando así un total de 8 meses lectivos.

O custo por modalidade e alumno e de 92,70 euros por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 9 e o 20 de setembro e o mércores 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos e admitidas confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 2 actividades, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas.

Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.

Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 2% das prazas ofertadas.

0.17572212219238