O 31 de xullo remata o prazo para solicitar accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT en Monforte

RibeiraSacraXa
O 31 de xullo remata o prazo para solicitar accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT en Monforte e arredores
television adamo a carta
26 Xul 2023

O Concello de Monforte vén de informar de que o 31 de xullo rematará definitivamente o prazo para solicitar accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT polos posibles efectos que pode provocar a instalación dos novos servizos móbiles de nova xeración en Monforte, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800MHz.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), "Llega700" é a entidade constituída polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT “Llega700” é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da difusión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon a disposición dos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen un trámite corrector tras a activación das estacións, para o que esta entidade será a encargada de atender aos usuarios afectados, xestionando e resolvendo os posibles efectos sen ningún custo.

O Concello informa que o 31 de xullo deste ano rematará definitivamente o prazo para solicitar accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT, polos posibles efectos que provocan os nodos 4G e 5G.

O despregue enmárcase no disposto no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, do que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas aos operadores de telefonía móbil para que prestasen os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

0.1879358291626