O 30 de setembro porase en marcha o programa Madrugadores do Concello de Quiroga
O luns 30 de setembro poñerase en marcha o programa Madrugadores do Concello de Quiroga para este curso 2024/2025. O servizo, vai dirixido a pais que precisen atención para os seus fillos de infantil e primaria antes da entrada do colexio, como unha medida de conciliación familiar.
O programa, organizado dende a área de Educación e Infancia do Concello de Quiroga, desenvolverase nas instalacións do colexio de Educación Infantil e Primaria entre as 8.00 e as 9.45 horas.
Os pais interesados neste servizo que se desenvolverá todos os días lectivos e que dispón de 15 prazas, deben dirixirse ao Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga, persoalmente ou a través do teléfono 982 438 951, onde lles aportarán toda a información que precisen. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 26 de setembro.