O 2 e 3 de setembro terá lugar a Festa da Vendima do Saviñao
A Festa da Vendima do Saviñao celébrase os días 2 e 3 de setembro na Devesa do Escairón, que acollerá diversas actividades para todos os veciños e veciñas, pero tamén para as persoas que se acheguen.
Así, o 2 de setembro comezará a xornada coa apertura da feira co grupo folclórico BMT Suevia e xa á tarde, a partir das 19.00 horas terá lugar a actuación de Rocío Caamaño, Hevia e Gin Toni’s.
Pola súa banda, o 3 de setembro a partir das 17.30 horas actuarán varios grupos: Sara Méndez e Aldara Pérez, o grupo de gaitas Os Tarabelos do Saviñao, a Louband e o Grupo América de Vigo.
Ademais das actuacións musicais, haberá bendición das uvas e pisa oficial, o pregón, un taller de cata de uvas e viño, un Obradoiro de cocina en vivo, obradoiros infantís e de adultos, gastronomía e artesanía.