O 17º Ribeira Sacra presenta o seu cartel musical, que inclúe os concertos de The Parrots e Mondra

RibeiraSacraXa
O 17º Ribeira Sacra desenvolverase, un ano máis, en xullo, concretamente o venres 26, o sábado 27 e o domingo 28
17ribeirasacrafestival
14 May 2024

O 17º Ribeira Sacra desenvolverase, un ano máis, en xullo, concretamente o venres 26, o sábado 27 e o domingo 28, días nos que os concellos do sur de Lugo acollerán música, terra, arte e gastronomía.

Así, os organizadores xa confirmaron o cartel musical que terá lugar estes días e a súa localización. O día 26, nas Bodegas Regina Viarium, terá lugar o concerto de Queralt Lahoz, Carlangas y los Cubatas, e Faneka. E o mesmo día, pero no miradoiro Santiorxo, será a quenda de The Parrots. Pola súa parte, o día 27, nas mesmas bodegas que o 26 actuarán Morcheeba, Say Yes Dog e Glassio; e nas Adegas de Vilachá actuará Doctor Explosión. Finalmente, o domingo en Chantada dará un concerto Mondra.

Con todas estas actividades musicais, as persoas interesadas, que xa poden mercar os seus abonos, desfrutarán de tres días de boa música nunha das paraxes máis idílicas de Galicia.

0.16349601745605