O 17º Ribeira Sacra foi homenaxeado co premio 'Best Small Festival'
O pasado sábado, o festival 17º Ribeira Sacra recibiu o premio 'Best Small Festival' nos Iberian Festival Awards que se celebraron en Maia (Portugal).
Desde a organización do festival din que "este novo recoñecemento só nos fai valorar todo o esforzo e talento que hai detrás. Un gran traballo que non se podería levar a cabo sen un equipo de 10 que leva facendo realidade este festival desde hai xa 7 anos, cando todo comezou como unha pequena tolemia que se foi consolidando co tempo e expandíndose a outros territorios baixo a marca Festivais para un Territorio".
Así, explicaron que "en cada edición empeñámonos en que o público viva unha experiencia única en contornas máxicas, como é a Ribeira Sacra neste caso, cuxo patrimonio é o seu aceno de identidade".
Por último, quixeron agradecer a institucións, concellos, patrocinadores, colaboradores e a Cervexas Alhambra, "por ser o patrocinador principal dos nosos tres festivais".
A edición deste ano 2023 terá lugar os días 28, 29 e 30 de xullo.