O 17º Ribeira Sacra Festival puxo fin a unha edición de éxito

RibeiraSacraXa
Sober, Pantón, Monforte de Lemos e O Saviñao acolleron concertos e experiencias gastronómicas durante toda a fin de semana
17-ribeira-sacra-festival
17º Ribeira Sacra Festival 2024
21 Jul 2025

O 17º Ribeira Sacra celebrou esta fin de semana a súa novena edición, que puxo fin este domingo cunha exitosa programación que incluíu 15 actuacións musicais en cartel, xunto con experiencias de gastronomía, arte e outras actividades de promoción do territorio en sete localizacións dos concellos de Sober, Pantón, Monforte de Lemos e O Saviñao.

Diferentes localizacións da Ribeira Sacra foron o escenario deste evento que pon en valor o patrimonio do lugar e que este ano recibiu artistas como The Jayhawks, Exsonvaldes, Ángel Stanich, Alondra Bentley, Allova, Julieta Venegas, Wings of Desire, Anxo Araújo, Cosmic Wacho ou Néstor Pardo.

Ademais da súa aposta pola calidade musical, este ‘festival dos sentidos’ destaca pola súa integración nos espazos da contorna e pola posta en valor do patrimonio e da natureza, aspectos que conectan co distintivo creado pola Xunta para promover o territorio como destino musical de calidade baixo criterios artísticos e de sustentabilidade.
.

⚙ Configurar cookies
0.59094309806824