O 17º Ribeira Sacra Festival presenta o cartel por días

RibeiraSacraXa
The Jayhawks, Exsonvaldes, Ángel Stanich, Julieta Venegas ou Wings of Desire protagonizarán esta edición
17ribeirasacrafestival
22 Apr 2025

O festival 17º Ribeira Sacra regresará os días 18, 19 e 20 de xullo de 2025 para festexar unha nova edición. Diferentes localizacións da Ribeira Sacra volverán a acoller aos artistas e ao público neste evento que pon en valor o patrimonio do lugar e que cada ano recibe a recoñecidos artistas en escenarios moi especiais.

O festival vén de anunciar o cartel por días, que arrancará o día 18 coas actuacións de The Jayhawks, Exsonvaldes, Ángel Stanich, Alondra Bentley e Allova.

O sábado, 19 de xullo, será a quenda de Julieta Venegas, Wings of Desire, Anxo Araújo, Cosmic Wacho e un concerto sorpresa ‘Momentos Alhambra’. Pola súa banda, Néstor Pardo será o encargado de pechar esta edición o domingo, 20 de xullo.

17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Un proxecto que reafirma, grazas aos seus recoñecementos, a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.

cartel-dias-rbeira-sacra-festival
⚙ Configurar cookies
0.15902519226074