O 17º Ribeira Sacra fai público o primeiro avance do cartel de 2025

RibeiraSacraXa
Julieta Venegas, The Jayhawks, Exsonvaldes, Ángel Stanich ou Wings of Desire son algúns dos primeiros artistas confirmados
17º-ribeira-sacra
Imaxe do 17º Ribeira Sacra Festival
20 Mar 2025

O festival 17º Ribeira Sacra regresará os días 18, 19 e 20 de xullo de 2025 para festexar unha nova edición. Diferentes localizacións da Ribeira Sacra volverán a acoller aos artistas e ao público neste evento que pon en valor o patrimonio do lugar e que cada ano recibe a recoñecidos artistas en escenarios moi especiais.

A primeira artista confirmada para esta edición foi a mexicana Julienta Venegas. Agora, a organización fai público un primeiro avance do cartel, que inclúe un total de dez artistas ente os que se atopan The Jayhawks, Exsonvaldes, Ángel Stanich ou Wings of Desire. A eles súmanse Alondra Bentley, Cosmic Wacho, Anxo Araújo, Allova, Néstor Parto e un concerto sorpresa ‘Momentos Alhambra’.

17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Un proxecto que reafirma, grazas aos seus recoñecementos, a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.

Dende a organización explican que este é só un primeiro avance, xa que o 17º Ribeira Sacra é “moito máis que un festival de música”. As experiencias, a arte e a gastronomía completarán un cartel no que os escenarios son os grandes protagonistas e que se coñecerá proximamente.

cartel-17º-ribeira-sacra-festival
⚙ Configurar cookies
0.10504794120789