Bóveda celebrará a súa festa de Entroido o vindeiro 10 de febreiro
O Concello de Bóveda organiza unha Festa de Entroido o vindeiro sábado 10 de febreiro, que dará comezo a partir das 14.00 horas na praza da Filgueira cunha comida popular.
Así, haberá unha carpa calefactada para que todos os veciños e veciñas desfruten desta xornada sen pasar frío, onde tamén habera música e inchables e colchonetas para os nenos e nenas e en caso de mal tempo trasladarase ao pavillón municipal.
O prezo do menú con cocido será de 5 euros para os nenos e nenas maiores de 6 anos, e de 10 euros para os adultos e as entradas para participar estarán dispoñibles en Bóveda nos establecementos Día, Claudio, Ferretería, Carnincería Salgueiriña e Piensos Rivera; mentres que tamén haberá entradas en Rubián, en Pili, Estanco, Restaurante Paco e Farmacia.
Desde o Concello de Bóveda animan a asistir disfrazado para desfrutar desta xornada festiva de Entroido dunha forma máis axustada á ocasión.