O 1 de xullo abren as piscinas municipais de Chantada ata finais de agosto

RibeiraSacraXa
A entrada ás instalacións é gratuíta durante todo o verán
Concello-de-Chantada
29 Jun 2024

Coa chegada do mes de xullo, abren as súas portas as Piscinas Municipais de Chantada na rúa Serra do Faro, ao carón das Piscinas Climatizadas, que contan coa piscina para adultos e o vaso para nenas e nenos; ademais de amplas zonas verdes e espazo de estacionamento.

A entrada ás instalacións é gratuíta e este verán volverán ser punto de encontro nas xornadas nas que o calor sexa máis duro.

Así, as piscinas abrirán conforme ao seguinte horario: Polas mañás, de 12.00 a 14.00 horas; polas tardes, de 15.00 a 20.30 horas, de luns a venres; mentres que durante as fins de semana o horario será continuo de 12.00 a 20.00 horas.

Como en anos anteriores, a previsión é que pechen o 26 e 27 de agosto, coincidindo coas Festas Patronais, pero o servizo das Piscinas Municipais permanecerá aberto ata finais de agosto ou mediados de setembro dependendo da climatoloxía.

“Segundo o clima, veremos ata cando temos as piscinas abertas; polo demais espéranos un verán no que tamén tentaremos levar ata a contorna das piscinas distintas actividades deportivas e de lecer, especialmente para os máis novos”, asegura a concelleira de Deportes, Belén Vázquez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18321084976196