Novo posto de peixería na Praza de Abastos de Monforte

RibeiraSacraXa
José Tomé ven de anunciar a apertura hoxe do novo posto de peixería da Praza de Abastos, a cargo da empresa Da Lonxa ao Prato, S.L.
praza de abastos de monforte de lemos
4 Maio 2021

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a apertura hoxe do novo posto de peixería da Praza de Abastos, a cargo da empresa Da Lonxa ao Prato, S.L., con sede en Santa Uxía de Ribeira e que ten como actividade a venda de peixe, marisco e produtos elaborados procedentes da pesca artesanal da frota de baixura galega.

Neste senso, o Alcalde subliñou que “a Praza de Abastos de Monforte volve a ter dende hoxe un posto de venta de peixe e marisco frescos así como produtos delicatessen do mar, ampliando así a variedade de servizos e produtos que ofrecemos dende este mercado de abastos ós monfortinos e monfortinas”.

A empresa que xestiona dende hoxe o posto de peixería da Praza de Abastos (nº 9), Da Lonxa ao Prato, S.L., é unha empresa familiar do grupo “Pescados Paco, S.L.”, con base en Santa Uxía de Ribeira. O grupo é socio da empresa xestora da Nova Lonxa de Ribeira, na que tamén participa a Confraría de Pecadores San Pedro de Ribeira.

A dilatada traxectoria no sector desta familia comeza nos anos 80 do século pasado, adicándose á venda de produtos pesqueiros frescos, a maioristas e minoristas, tanto a nivel local e autonómico como nacional e internacional (Portugal, Italia ou  Grecia, por exemplo). A base principal das súas compras sempre foi, e hoxe en día é, a Lonxa de Ribeira, que constitúe unha das máis importantes de Galicia e é a lonxa de baixura máis importante de Europa. 

Da Lonxa ao Prato, S.L. é a peixería oficial da Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal, coa que teñen un convenio de colaboración para a explotación directa dos seus produtos. Para elo, a empresa conta con varias instalacións entre as que se atopan peixerías, unha depuradora e cetárea propias. 

Finalmente, a empresa tamén conta con unha plataforma de venda online a través da web: dalonxaaoprato.com.

O horario de apertura deste posto de peixería na Praza de Abastos será de martes a sábado de 9 a 15 horas

Novo posto de peixería na Praza de Abastos de Monforte

A Lonxa de Ribeira na ría de Arousa, unha das principais lonxas galegas e das máis importantes en pesca de baixura de Europa, constitúe a orixe da maior parte dos nosos peixes e mariscos. 

Os produtos cos que traballa esta empresa proceden directamente da pesca artesanal e da frota de baixura da costa de Galicia. Trátase de produtos cunha trazabilidade totalmente garantida, mediante etiquetas nas cales se mostra a súa orixe, método de captura, especie... O cliente incluso pode coñecer o nome da embarcación que capturou o produto que leva á súa mesa. 

No ano 2019, a empresa conseguiu o selo de identidade oficial da Xunta ”PescadeRías ¿de onde se non?”, que identifica as especies procedentes da pesca e marisqueo artesanal de baixura de Galicia, unha pesca que é sostible e respectuosa cos mares. Como demanda de marca, os produtos terán que cumprir co estrito requisito de frescura, calidade e cadea de frío, que garantiza un máximo de 24 horas entre a captura e a primeira venda.

As actividades que forman parte do proxecto que esta empresa porá en marcha na Praza de Abastos de Monforte inclúen: a exposición e venda ao público de produtos procedentes da pesca artesanal, exposición e venda de crustáceos vivos mediante a instalación, exposición e venda de produtos delicatessen, atención personalizada ó público, reparto a domicilio de produtos frescos e precociñados, visitas guiadas de turismo mariñeiro a bancos de produción de marisco e á principal lonxa de procedencia dos produtos, talleres de cociña para nenos e adultos e xornadas gastronómicas para a elaboración dos seus produtos.

Con estas actividades dende Da Lonxa ao Prato ten por obxectivo colaborar na dinamización da propia Praza no seu conxunto, a través dun novo concepto de peixería, moderna e dinámica.

0.21511602401733