Novo curso sobre plantacións de castiñeiro en Sober

RibeiraSacraXa
Sober acolle no día de mañá un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito.
2 Ago 2021

Sober acolle mañá un curso sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiro de froito. A acción formativa celebrarase na Casa da Cultura, en horario de 10 a 14 horas.

O obxectivo principal deste curso é planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e do destino final do produto, ademais de complementar a formación dos produtores de castaña sobre as novidades de investigación, os tratamentos das árbores, as tendencias técnicas do mercado, entre outros aspectos.

Así, o programa terá un apartado sobre a planificación, onde se abordarán as variedades priorizadas de castiñeiros para froito, os principais polinizadores, as condicións óptimas do solo, a orientación das plantacións e os indicadores de vexetación.

No tocante ao apartado de repoboación, analizaranse as mellores técnicas de roza, preparación do terreo e replanteo. Na parte de plantación, trataranse aspectos como os portaenxertos e daranse consellos para o correcto cultivo destas árbores. Por último, tamén se abordarán outras recomendacións como o tipo de rego ou fertilizantes a usar neste tipo de plantacións.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

0.14611005783081