Nove persoas conforman a lista da candidatura do Partido Popular da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Nove persoas conforman a lista da candidatura do Partido Popular da Pobra do Brollón, que foi presentada nun acto
PP A Pobra do Brollón
19 Apr 2023

O Partido Popular da Pobra do Brollón presenta a súa lista de candidatura para as seguintes eleccións municipais  a través do seu candidato á Alcaldía, Teddy López, quen di que a candidatura "está pensada para gobernar dende o primeiro momento, se os veciños deste concello depositan en nós a súa confianza”.

Esta lista está formada por persoas con perfís con experiencia en áreas ás que Teddy López confire especial importancia, dadas as condicións do municipio, como poden ser a prevención de incendios e o traballo no campo social, nas súas distintas facetas.

O aspirante popular á alcaldía destaca, con carácter xeral, que os integrantes da lista que encabeza teñen experiencia nos seus respectivos campos profesionais.

A este respecto, sinala: “Iso é algo moi importante para poder empezar a xestionar dende o primeiro días os intereses dos veciños da Pobra do Brollón, un concello no que hai moito traballo por facer para mellorar os servizos que reciben os veciños, en síntese, para mellorar a calidade de vida neste municipio”.

Na lista, ademais de Teddy López Pedredo. vai de segundo Roberto José Andrade Míguez, de terceiro vai David López Frean, de cuarto vai Pablo López Morales, de quinto vai María del Pilar Pérez Ayán, de sexta vai Isabel Castaño Macía, de sétimo vai Diego Sanmartín Menéndez, de octava vai Lorena Morales Besteiro e de noveno vai José Manuel Costoya Fernández.

Pola súa parte, de suplentes van Roberto Vega Novo, Rut Arias Ferreiros e Rubén Losada Martínez.

0.14527797698975