Nove grupos participan este sábado na oitava edición dos Cantos de Taberna de Quiroga

RibeiraSacraXa
As actuacións comezarán arredor das 18.30 horas e prolongaranse ata o final da xornada cunha gran foliada conxunta na praza da rúa Lago
Cantos-de-Taberna-Quiroga-2
Cantos de Taberna, Quiroga
15 Mar 2025

Este sábado, 15 de marzo, Quiroga acolle a VIII edición dos Cantos de Taberna, un evento que reunirá a nove grupos musicais e nove locais hostaleiros da vila.

Entre os grupos participantes, que chegan desde diferentes lugares, atópanse: Son do Mao, Nubeiro Son Galego, Son Outeiro, Os Tarabelos, Macizas Centrais Trives, Os Parrandas, O Recanto, Os Ministreles e De Aquí e Daló. Os establecementos onde actuarán serán: Adega de María, As Palmeras, O Portón, O Quiper, A Botica, Chapakuña, A Matrioska, Ruxe-Ruxe e o bar Lago.

As actuacións comezarán arredor das 18.30 horas e prolongaranse ata o final da xornada cunha gran foliada conxunta na praza da rúa Lago. Cada grupo contará cun tempo aproximado de media hora en cada local para interpretar un repertorio libre, priorizando as cancións tradicionais e populares.

⚙ Configurar cookies
1.0665810108185