Nova mobilización en Chantada para esixir o arranxo da N-540

LugoXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Decenas de persoas volveron a cortar a estrada esta mañá para denunciar o mal estado desta vía que conecta Ourense e Lugo
mobilizacions-chantada-n-540
Mobilización en Chantada para pedir o arranxo da N-540
11 Apr 2025

Este venres 11 de abril, decenas de persoas mobilizáronse novamente en Chantada, no punto quilométrico 51 da N-540, para reclamar medidas urxentes ante o mal estado da estrada.

Os manifestantes advirten de que as fochancas, a falta de sinalización e a escasa iluminación desta estrada, que conecta Lugo e Ourense, afectan a todos os veciños e usuarios, facendo que sexa “moi perigoso circular por varios tramos”. Unha situación que comeza a ser insostible e que tamén afecta de xeito directo ao tecido empresarial e comercial da localidade.

A situación foi denunciada xa en 2023, cando tamén se convocaron protestas para esixir o arranxo da estrada nacional e enviouse unha carta ao ministro de Transportes, Óscar Puente, para pedir unha solución definitiva.

Porén, a estrada segue “en pésimo estado”. Os usuarios alertan de que durante este tempo “só se fixeron parches” e reclaman unha solución real e urxente para esta vía utilizada a diario por centos de persoas.

⚙ Configurar cookies
0.17831015586853