Nos próximos meses a aldea modelo de Bustelo de Fisteus de Quiroga vai ser mellorada

RibeiraSacraXa
A aldea modelo de Bustelo de Fisteus de Quiroga vai recibir unha subvención por parte da Consellería do Medio Rural para mellorar o sistema de saneamento dentro do marco de subvencións correspondentes a este ano para financiar proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos nas denominadas aldeas modelo.
Aldea modelo de Bustelo Quiroga
7 Ago 2023

A aldea modelo de Bustelo de Fisteus de Quiroga vai recibir unha subvención por parte da Consellería do Medio Rural para mellorar o sistema de saneamento dentro do marco de subvencións correspondentes a este ano para financiar proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos nas denominadas aldeas modelo.

As actuacións de mellora urbanística e de servizos básicos nas aldeas modelo realízanse de modo paralelo ás intervencións enfocadas ao reaproveitamento de terras agrícolas en desuso, que é unha das finalidades principais deste programa. Ademais de recuperar terras abandonadas prevense o risco de incendios.

Bustelo de Fisteus obtivo en maio do 2021 a categoría de aldea modelo pola Xunta de Galicia e no verán dese mesmo ano rozouse o seu entorno, unha superficie de máis de 12 hectáreas que se atopaba en desuso e chea de maleza. Estes terreos están abertos ao aproveitamento sostible de castiñeiros para froito, árbores froiteiras, cultivos agrícolas e gandería en extensivo.

O alcalde, José Luis Rivera, afirmou que o proxecto estase desenvolvendo con normalidade e que se espera que nos próximos meses se poidan executar os traballos.

0.1728949546814