No Polo Sur da Xunta atendéronse 47 proxectos empresariais de diversos sectores

RibeiraSacraXa
No Polo Sur da Xunta atendéronse 47 proxectos empresariais de diversos sectores, segundo apuntouse nunha reunión en Sober
emprendemento Sober
11 Jul 2023

Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, participou nunha xornada informativa organizada polo Polo Lugo Sur en Sober para dar a coñecer os servizos de asesoramento e apoio ás iniciativas de emprendemento de aloxamentos turísticos no rural.

Ardao sinalou o labor que a través dos polos se está a desenvolver para dinamizar o mercado laboral e xerar traballo de calidade e pegado ao territorio e os servizos que a Xunta está a prestar ás persoas emprendedoras desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Este recurso, segundo apuntou, conecta ás persoas emprendedoras, ás administracións, aos axentes e técnicos que prestan servizos no ámbito do emprego, e aos sectores tractores e empresas do territorio.

No Polo Lugo Sur, en concreto, dáse cobertura e apoio ao emprego aos concellos de Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao, Carballedo, Chantada, Taboada, Sober e Monforte de Lemos e atendéronse 47 proxectos empresariais de diversos sectores: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, hostalería, comercio e agricultura, gandería, silvicultura e pesca, entre outros.

Na actualidade están activos en Galicia oito polos (serán 15 a finais deste ano), onde se acompaña ás persoas emprendedoras nos seus proxectos, desde principio ao fin, ao tempo que se celebran actividades de difusión da cultura emprendedora nas que se fomentan o intercambio de ideas e coñecementos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20260882377625