Nerea Iglesias volverá protagonizar un concerto no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acollerá este venres, 30 de agosto, unha vez máis, o concerto da cantante sarriá Nerea Iglesias, que dará un concerto en solitario, aínda que forma grupo con Sound Sisters.
O Círculo Saviñao, así, promove actividades lúdicas e culturais para os veciños e veciñas de Escairón, para que pasen un tempo entretido e compartindo tempo coas súas amizades.
Todas as persoas interesadas en acudir a Escairón e desfrutar deste concerto poderán facelo de maneira gratuíta, xa que é de entrada aberta a calquera.